sábado, 14 de mayo de 2011

ENCUENTRO ARCE "EDUCAR ENTRE REJAS" - LUGO (5)

VISITA A LA DIPUTACIÓN DE LUGO
(PÁGINA WEB DE LA DIPUTACIÓN DE LUGO)


Noticias
Cultura
Lugo, 10 de maio de 2011
Antón Bao recibiu na Deputación a educadores penitenciarios que participan no proxecto "Educar entre reixas"
O vicepresidente da Deputación animou aos 14 visitantes a disfrutar de todo o que Lugo pode ofrecer, á vez que intercambian experiencias e continúan traballando pola sociedade.



O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, recibiu esta mañá no salón de plenos da Deputación de Lugo aos 14 educadores penitenciarios que están participando no proxecto “Educar entre reixas”. Este proxecto reúne aos profesores do centro de Bonxe cos das cárceres de Segura (Teruel), Yucatán, en Soto del Real (Madrid) e García Alix (Murcia).

Antón Bao, ademais de obsequiar aos educadores cun exemplar do libro “Eloxio da distancia”, animounos a que disfrutaran de todo o que Lugo pode ofrecer en canto a cultura, gastronomía ou patrimonio, e deulles os parabéns polo traballo que desenvolven formando persoas para que cheguen a ser mellores e poidan desenvolver tamén unha vida con mellores condicións. O encontro comeza hoxe e rematará o vindeiro xoves, e persegue o obxectivo de intercambiar experiencias relacionadas con proxectos educativos e formativos para presos.
Na xornada de hoxe, os educadores realizaron un viaxe en catamarán polo Miño, e pola tarde está previsto que realicen unha reunión de traballo ademais dun paseo polo Lugo antigo, visitando o centro de Interpretación da Muralla, ademais da Casa dos Mosaicos e a sala Porta Miñá. Mañá mércores farán a saída cos internos do centro penitenciario de Bonxe: visitarán o Museo de Lugo e a muralla, ademais do nacemento do Miño e o Castro de Viladonga. O encontro remata o vindeiro xoves, xornada na que percorrerán o centro penitenciario de Bonxe e levarán a cabo unha sesión de traballo.

3 comentarios:

  1. Ya desde casa, en Madrid, doy las GRACIAS por este encuentro que hemos tenido en Lugo.
    Gracias a los anfitriones por la buena organización y gracias a todos los compañeros por la convivencia en el intercambio de experiencias

    ResponderEliminar
  2. Lo sentimos muchísimo, pero desde Murcia os hemos suspendido, así es que teneis que repetirlo, y como no sois muy capaces ni muy listicos, os ampliamos el plazo de ejecución a 15 dias y 30 noches. Poner fechas.

    ResponderEliminar
  3. Por vuestro esfuerzo y generosidad...¡GRACIÑAS!!!

    ResponderEliminar